viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeA Praia da Freixa acolle a travesía a nado 'Vila do Tea'...

A Praia da Freixa acolle a travesía a nado ‘Vila do Tea’ con preto de 260 participantes

A praia da Freixa será o epicentro das augas abertas cunha nova edición da travesía a nado Vila do Tea. Unha proba deportiva que se organiza dentro da Copa de España formando parte tamén do circuíto galego Arzúa Ulloa da disciplina. Máis de 250 deportistas competirán nas augas do Tea e animarán a facelo a todas as persoas que queiran probar as súas forzas.

Organizada polo Club Natación Ponteareas co apoio da Xunta de Galicia, Deporte Galego, Deputación de Pontevedra e Concello de Ponteareas, non hai excusa para non participar porque ofrece probas tanto para persoas e equipos federados como para persoas afeccionadas.

Con esta proba o Club Natación Ponteareas quere render homenaxe ao deporte e á importancia de xerar equipo e por iso vai máis aló e organiza unha xornada de lecer na que haberá vinte postos ambulantes de artesanía, cestería, aromaterapia, ilustración, complementos ou xoiaría entre outros.

O alcaldesa, Nava Castro, e o primeiro tenente de alcaldesa, Juan Carlos González, participaron na presentación que tivo lugar na Casa do Concello xunto a Juan Carlos Brión, presidente de FEGAN e Oscar Pérez, xerente DOP Arzúa-Ulloa. Na presentación salientaron a importancia deste evento como dinamizador social, deportivo e turístico supondo unha oportunidade para coñecer un dos lugares máis emblemáticos da vila, A Freixa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS