jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasA Deputación inviste 120.000 euros na mellora da EP-2202 entre Baiona e...

A Deputación inviste 120.000 euros na mellora da EP-2202 entre Baiona e Loureza

A Deputación de Pontevedra anunciou o investimento de 120.000 euros para a mellora urbana da estrada provincial EP-2202 entre Baiona e Loureza.

Fíxoo esta mañá, na visita do presidente da Deputación, Luis López, e na que estivo acompañado pola deputada de Infraestruturas, Isabel Couselo, e o deputado e alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña.

Os representantes puideron comprobar o remate dunha obra que se realizou en catro meses, e que consistiu, principalmente, na ampliación da beiravía, a reposición do pavimento e a renovación da sinalización horizontal.

Os traballos centráronse nun treito de 400 metros desta estrada, onde os operarios construíron un muro de contención que permitiu ampliar a anchura da beirarrúa ata un mínimo 2,50 metros ao longo do percorrido.

Do mesmo xeito, elimináronse elementos deteriorados e en desuso, ademais de repoñer unha pasarela de 57 metros de lonxitude e mellorar a seguridade dunha escaleira que xa existía na zona.

O proxecto completouse coa renovación do pavimento e da sinalización horizontal ao longo deste treito. A execución supón a posta en valor das as necesidades dos concellos, poñendo os recursos e ferramentas necesarias para atender estas demandas e dotar de mellores servizos e infraestruturas á veciñanza.

Aparte desta obra, non é a única que estase a levar a cabo en Baiona. Dentro do marco do
programa de conservación de firmes está en fase de proxecto a mellora da mobilidade peonil na EP-2203 entre Baredo, Baiona e Loureza.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS