Un operario morreu este martes tras caerlle encima unha árbore mentres traballaba no municipio de Lugo. Foi o seu compañeiro quen avisou ao 112 Galicia cando pasaban as 9:00 horas.
Segundo explicou o compañeiro da vítima, o traballador foi golpeado por unha árbore que se lle veu encima, aclarando que estaban a realizar traballos de talla nunha zona de monte situada na parroquia de Camoira, no lugar de Maira, na provincia de Lugo. Deste accidente laboral recolleron información as forzas da orde a partir de que recibiron a alerta do 112.
Ata o lugar acudiron patrullas da Policía Nacional e Local, así como tamén os Bombeiros de Lugo, aínda que o falecido xa estaba liberado e accesible. Os profesionais de Urxencias Sanitarias só puideron confirmar o falecemento do traballador.