jueves, septiembre 19, 2024
InicioNewsComarcasOs tesouros do río Pexegueiro, novidade dos Roteiros Ambientais

Os tesouros do río Pexegueiro, novidade dos Roteiros Ambientais

O programa de Roteiros Ambientais que organizan as concellerías de Turismo, Sostibilidade e Medio Ambiente ofrecen esta semana dúas actividades de balde para público de todas as idades. O venres, 9 de agosto, haberá unha ruta nocturna para coñecer “Os tesouros do río Pexegueiro”, unha das novidades do programa de ecoturismo deste verán. Os muíños, regatos e lendas serán os protagonistas desta actividade, que se realiza en colaboración co Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy. A saída será ás 21:30 horas desde a rúa A Pantalla. A mesma actividade repetirase o venres 23 de agosto.

A praia da Punta e a riqueza litoral de Cesantes será outro dos destinos desta semana cun paseo o domingo 11 de agosto. O saíra farase desde o porto de Cesantes ás 10:00 horas, e está previsto que a actividade remate ás 13:00 horas. O 15 de agosto a cita será en Chapela cunha ruta ambiental polo río Fondón, de 10:00 a 13:00 horas, con saída desde o CEIP Igrexa. Os xogos de orientación e aventuras chegarán o 16 de agosto con “Orientaventura en Cesantes”, unha actividade dirixida á rapazada de entre 7 e 16 anos. Para participar nestas actividades é preciso facer a inscrición previa na oficina de turismo, no teléfono 986 40 17 13 ou no enderezo electrónico turismo@redondela.gal

A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez Táboas, destaca a «transversalidade» destas actividades “que apostan polo turismo ambiental, sostible e responsable con saídas para coñecer o espectacular patrimonio natural e cultural de Redondela”. O concelleiro de Sostibilidade, Roberto Villar, sinalou que o obxectivo destas actividades é “poñer en valor os recursos naturais de Redondela e tamén concienciar á veciñanza e ás persoas que nos
visitan da importancia de respectar estes espazos naturais e axudar a conservalos”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS