jueves, septiembre 19, 2024
InicioNewsComarcasO festival "BailoTea" xa ten nova data e nova programación

O festival «BailoTea» xa ten nova data e nova programación

DJ Ballesteros é o cabeza de cartel, xunto a outros seis DJ´s

O festival de música electrónica BAILOTEA volve a Ponteareas o vindeiro mércores, 14 de agosto, tras ter que aprazalo no mes de maio por mor das condición meteorolóxicas. Agora, os asistentes poderán desfrutar durante oito horas seguidas da música en directo.

A alcaldesa do Concello de Ponteareas, Nava Castro, recibiu hoxe ao deputado de Cultura, Jorge Cubela, e á directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, para presentar a nova data do evento.

Xunto ao primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Juan Carlos González, detallaron a programación que encabeza o DJ Ballesteros, un dos DJ máis afamados do momento con máis de 300 actuacións no que vai de ano.

O cartel complétase co porriñés Groove Amigos, JOYSE, Toni Seijas, Manu Pérez, DJ Crazy e Eli DJ. O concelleiro de Cultura, Juan Carlos González explicaba que “todos actúan nos festivais máis importantes de dentro e de fóra de España» e engadía que así «a nosa ,ocidade poida desfrutar da música do momento sen saír da súa vila”.

Un festival que abrirá as súas portas ás 19:00 horas no aparcamento público Sarmiento Rivera de Ponteareas con entrada totamente de balde, “porque é importante que a oferta cultural e de lecer tamén sexa de todas e todos e que toda a cidadanía teña o mesmo acceso a ela”, sinalou a alcaldesa da localidade.

Pola súa banda, Lara Meneses explica que dende o seu departamento traballan para crear programas e actividades que impulsen o talento da xuventude e que llespermitan dar o salto ao mundo laboral, “ nos comprace apoiar este tipo de festivais locais, máis pequenos, onde nos achegamos á mocidade como a eles máis lles gusta e, por iso, dende as institucións queremos estar presentes alí onde nos reclaman”.

Salienta a directora xeral de Xuventude da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia que “o festival Baiolotea está feito con cariño con humildade e conta cos mellores profesionais para sacalo adiante. Estou segura de que será un éxito para Ponteareas”.

O deputado Jorge Cubela sinalou que “este evento dará un pulo á economía da
comarca e será un atractivo turístico para as persoas que nos visiten”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS