viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoA Xunta destaca a rehabilitación dos antigos xulgados de Vigo

A Xunta destaca a rehabilitación dos antigos xulgados de Vigo

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, explicou hoxe que a iniciativa enmárcase no compromiso da Xunta pola rehabilitación do patrimonio e edificios emblemáticos para darlles un novo uso

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe xunto co director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, o antigo edificio dos xulgados na rúa Lalín. Esta infraestrutura vai ser obxecto dunha rehabilitación integral que permitirá dotar dun cento de espazos para a ocupación temporal por parte de asociacións e entidades sociais da cidade.

De feito, como lembrou o conselleiro, trátase dun símbolo e un exemplo máis do compromiso do Goberno galego coa recuperación do patrimonio para novos usos como xa se fixo coa reforma do Hospital Xeral de Vigo para acoller a Cidade da Xustiza ou como se está facendo na antiga Audiencia Provincial coas obras do Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia. Ademais, destacou a recuperación do Teatro Cine Fraga co obxectivo de destinalo a fins culturais, tras a sinatura do acordo de compravenda do inmoble o mes pasado xullo xunto coa Deputación Provincial de Pontevedra e Abanca.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS