O presidente provincial e o deputado Javier Tourís, asinaron co alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, o acordo para executar a primeira fase de mellora da EP-9701
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de asinar este martes, xunto co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, o convenio de colaboración entre as dúas administracións para a mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-9701.
Desta forma, construirase unha senda peonil entre as localidades de Baión e András. O proxecto contará cun orzamento total de 962.000 euros, dos que o ente provincial achega o 80 % e o Concello un 20 % restante, así como cos gastos das expropiacións dos terreos que ascenden a 19.200 euros.
“É un día importante porque vimos cumprir un compromiso co Concello de Vilanova”, afirmou o presidente Luis López.
Declaracións do Presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López.
Ambas as administracións traballan nun proxecto para mellorar a mobilidade peonil en toda a estrada EP-9701 entre Baión e András. Este acordo, que asinouse este martes, céntrase na primeira fase do plan, que consiste nunha intervención para mellorar un treito de 560 metros que porá fin aos problemas de seguridade viaria.
Unhas deficiencias que se arranxarán coa construción desta senda peonil, moi demandada desde hai anos pola veciñanza destas dúas localidades, e que ao mesmo tempo servirá para mellorar o pavimento e demais servizos da estrada. O seguinte paso da tramitación será a adxudicación do contrato para poder comezar os traballos.
Neste sentido, o rexedor de Vilanova de Arousa explicou que:
Declaracións do alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán.