jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasMos mantén os festivos locais para o 2025 tras aprobalos no Pleno

Mos mantén os festivos locais para o 2025 tras aprobalos no Pleno

Hoxe deuse conta no Pleno do Concello de Mos da Liquidación do Orzamento Municipal do
ano 2023. Trátase dunha liquidación con informe favorable de intervención e resultado
orzamentario positivo, preto dos 700.000 euros. Isto significa que as arcas municipais
ingresaron esa cantidade demáis da que se gastou.

Ademais da liquidación, levouse á sesión plenaria ordinaria outros puntos establecidos na orde do día. Entre eles, as mocións do BNG e PSOE que foron desestimadas por maioría, a aprobación por maioría dos festivos locais para o 2025 e a modificación do anexo de subvencións nominativas do Orzamento de 2024, aprobada por unanimidade.

Sobre a liquidación do Orzamento municipal do 2023, Nidia Arévalo, rexedora local, declarou que “desde o goberno local estamos a facer unha xestión económica eficaz e eficiente, responsable e con orzamentos realistas sen inflar os ingresos; o que revirte en resultados positivos coma o logrado na Liquidación do ano pasado”.

O resultado orzamentario do 2023 foi un dos puntos principais durante a sesión plenaria

No informe de intervención destácase que o resultado orzamentario é positivo, o que supón que os ingresos do exercicio 2023 foron maiores que os gastos. Dende o goberno municipal mostraron que os impostos directos tiveron un grao de execución do 102,20%, os indirectos unha porcentaxe de execución do 124,47% e en taxas e outros ingresos a foi do 108,19%.

Tamén salienta o aforro neto positivo e o baixo nivel de endebedamento, cunha porcentaxe
do 23,35%, moi por debaixo do límite do 110% que establece a Lei.

Por outro lado, salientan que aínda que a cifra do remanente de tesourería é negativa, o dato derívase en parte da desviación producida por un importante desfase consecuencia do non ingreso no exercicio de fondos procedentes de subvencións, cuxos gastos tivo que asumir o Concello con fondos propios porque eran de obrigada execución dentro do referido exercicio e que foi devolto e ingresado posteriormente, durante o 2024.

Consideran que, a pesar delo, procederase a aprobar polo Pleno a adopción de medidas para reducir ao máximo ese remanente de tesourería negativo a través de medidas de contención de gasto, planificación e control, e seguemento e fiscalización.

Por último, Arévalo puxo en valor os importantes esforzos económios realizados polo Concello de Mos en materia de gastos. Así, a administración local inviste anualmente cinco millóns de euros en gastos de persoal, 5,4 millóns de euros en gastos correntes e 3,7 millóns de euros en investimentos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS