viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasO Concello e CSIC colaboran para profundizar na historia de Ponteareas

O Concello e CSIC colaboran para profundizar na historia de Ponteareas

Un grupo do Instituto de Historia do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) investiga o “castro mineiro” da Croa, en Ribadetea. Atraídos pola singularidade e polo seu potencial patrimonial e científico estudan este asentamento feito en tempos de Roma e construído empregando as mesmas técnicas coas que Roma abría as minas de ouro, coa forza da auga, desviando os ríos con canles e lavando a terra onde estaba o prezado mineral.

A alcaldesa, Nava Castro, acompañada do Concelleiro de Ensino, Ricardo González, e da Concelleira de Urbanismo, Silvia F. Táboas, visitou a zona para coñecer de primeira man os traballos que se están executando. Esta colaboración entre o CSIC e o Concello permitirá coñecer a estrutura deste asentamento e comparalo cos castros da Idade de Ferro, e tamén con outros castros romanos relacionados coas minas escavados na Asturia romana, no occidente leonés e na zona das serras orientais galegas como Ancares ou O Courel.

Estes novos asentamentos, como o da Croa, executáronse no marco dunha reestruturación do territorio co obxectivo de explotar os recursos auríferos para o beneficio do Imperio en todas as zonas mineiras do noroeste ou de Asturia e Gallaecia. Subliñan os investigadores que todo o sur do Castro ata o campo de fútbol de Ribadetea é unha mina de ouro aberta por Roma.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS