O piloto porriñés José Calvar sae desde O Porriño cara ao Barum Czech Rally Zlín, a proba do campionato europeo de rallies que se celebra na República Checa entre o 16 e 18 de agosto. “Este rally é un dos máis emblemáticos do campionato europeo pola tipoloxía do terreo e a súa perigosidade”, explícalle Calvar ao alcalde, Alejandro Lorenzo. Esta peculiaridade fai que o porriñés, aínda que non participa no campionato europeo, decida disputar esta proba.
O piloto recorda que foi precisamente o tramo de Chenlo, a súa parroquia, do Rally Rías Baixas o que lle fixo por atención neste deporte, que lle leva dado moitas ledicias e triunfos desde hai xa 18 anos. E é que os seus inicios como piloto foron no ano 205, cando mercou un Peugeot 205 Rally e adicouse a preparalo de cara a estrenalo o seguinte ano, e así foi o seu bautismo no Rally Sur do Condado, onde correu por primeira vez como piloto federado. Ese ano disputou catro carreiras máis.
Desde entón o seu palmarés non fixo máis que medrar con preto de 100 carreiras no seu haber e o recoñecemento de terse feito coa Copa Suzuki CERA 2014, Copa Kobe Motor CERT 2015, Copa Recalvi 2017, Históricos Cera en 2018, 2019, 2021 e 2022.