jueves, septiembre 19, 2024
InicioNewsComarcasEsta fin de semana vive a festa e a tradición en Mondariz

Esta fin de semana vive a festa e a tradición en Mondariz

Os actos da trixésimo quinta edición da Feira dos Oficios Artesás comezan hoxe coa lectura do pregón a cargo de Álvaro M. Leiro, mestre cesteiro que fusiona o deseño contemporáneo con técnicas de producción ancestrais. O grupo de gaitas Castromao e Alba Faro actuarán para engalanar a lectura do pregón que irá seguida de dous días de actividades. Os postos de artesanía e gastronómicos na praza de Mondariz estaran dispoñibles mañá a partir das 11:00 horas . A partir desta mesma hora tamén haberá demostracións de oficios artesás nos postos dos cesteiros, telleiros, ourives, zapateiros ou torneiros entre outros.

Nesta segunda xornada, a sesión vermú arrincará ás 13:00 horas amenizada por Pandereteiros de Traspés cos seus cantos de tradición oral acompañados de percusión. De 11:00 a 14:00 horas haberá un obradoiro participativo de Gyotaku aplicado a saquetas de tecido impartido polos artesáns María José Martínez e José Antonio Carrera de Peixesapop que ensinarán esta técnica xaponesa de impresión. A feira fará un descanso de 14:00 a 18:00 horas que volverá con intervencións teatrais de artesás singulares e con graffitis en directo con Pablo Loyola. Ademais Peixesapop aprenderá aos máis cativos e cativas a técnica Gyotaku. Ás 22:30 horas actuarán as pandereteiras Guriñas de Castromao e a continuación concerto de Caamaño e Ameixeiras.

O domingo abrirán os postos artesáns de venda e demostracións a partir das 11:00 horas. Tamén haberá ao longo da mañá e ata as 14:00 horas obradoiro de Cianotipias no que aprender este proceso fotográfico empregando papel de acuarela e produtos químicos sensibles á luz. A música volve ás 12:00 horas coa asociación Castromao de Mondariz e ás 13:00 horas concerto do grupo musical Abril con melodías de raíz galegas e ibéricas. De 18:00 a 21:30 horas volverán os obradoiros gratuitos e ás 19:30 horas o XXXIII edición do Día da Muiñeira coa Asociación Folclórica Castromao de Mondariz e como grupo convidado A.C Barca de Loimil de Arbo. A feira pechará ás 21:30 horas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS