No día de hoxe, por orde do Concelleiro de Facenda do Concello de Ponteareas, Francisco J. Represas, fíxose entrega aos responsables de Recadación, Cultura e Policía Local, de dispositivos TPV con lector integrado Q60 para a xestión de cobranzas con tarxeta de pago.
A cidadanía poderá realizar o pago de tributos e outros ingresos no departamento de Rendas no mesmo momento de expedición da carta de pago, poderá adquirir as súas entradas no auditorio municipal de forma áxil e sen esperas mediante o pago con tarxeta que terá prioridade de xestión fronte ao pago en efectivo, ou abonar a taxa para a entrega dun vehículo no depósito municipal. Así, o contribuínte poderá pagar con tarxeta no departamento de Rendas tributos e prezos públicos como os de baleirado de fosas sépticas, taxas expedición documentos, matrículas do conservatorio e escola de música, ludoteca, taxas de exame, permisos de obras e ocupación de vías entre outras xestións.
Por parte da Concellería de Facenda desde hai meses e en resposta ás peticións e propostas da funcionaria municipal responsable da Tesourería municipal, impulsáronse e priorizáronse medidas encamiñadas a dispor dos medios técnicos, persoais e administrativos que viñan sendo solicitados desde hai anos polo propio persoal municipal.