jueves, noviembre 21, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui fai un chamamento ao civismo ante os actos vandálicos no CEIP...

Tui fai un chamamento ao civismo ante os actos vandálicos no CEIP nº2

O Concello de Tui fai un chamamento ao civismo e á responsabilidade ante os actos vandálicos que nas últimas semanas se están rexistrando nas instalacións do CEIP nº2 de Tui.

A diario se están rexistrando desperfectos no recinto escolar con pintadas, rotura de papeleiras e das redes do campo de fútbol, ao que se suman os numerosos restos de cabichas, papeis e envases que aparecen no lugar, xunto a ouriños nas paredes.

Dende o Concello de Tui laméntase este tipo de actitudes incívicas, que poden ser constitutivas de delito xa que o recinto escolar está pechado, polo que as persoas que causan estes estragos teñen que saltar o valo.

Aínda que, dende que se tivo constancia deste feitos, a Policía Local incrementou as roldas que realiza polas inmediacións e polo propio centro polo momento non foi posible dar coas persoas autoras destas accións. 

Nestas instalacións do CEIP nº2 dende comezos de xullo estase a celebrar un dos Campamentos de Verán municipais, polo que cada mediodía o servizo de limpeza procede á limpeza das instalacións para que estean en perfecto estado para o día seguinte.

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente, explica que dende o Concello de Tui estase a facer todo o posible para tratar de evitar que se produzan estes actos vandálicos, coa presenza varias veces ao día de axentes da Policía Local, e reforzando a limpeza para que os nenos e nenas que cada mañá acoden ao campamento poidan realizar as actividades nunhas instalacións axeitadas. 

Sonsoles Vicente reitera o chamamento ao civismo respectando estas instalacións públicas.  Agarda que este tipo de feitos non se volvan producir.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS