viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasO CondadoUnha nova edición do Son da Muralla volve este sábado a Salvaterra

Unha nova edición do Son da Muralla volve este sábado a Salvaterra

Un ano máis, dentro da programación do Verán Cultural de Salvaterra de Miño atópase unha das grandes citas, O Son da Muralla. Este sábado, 3 de agosto, dentro das murallas da localidade celébrase un dos grandes festivais a nivel galego, onde a música electrónica é a gran protagonista.

Este ano, o festival contará con seis pantallas que retransmitirán en directo todo o que suceda no escenario. Ademais, a organización conta cun total de 66.000 vatios de son e 70.000 de luz, todo co obxectivo de crear unha noite única para os asistentes que veñen de tódolos puntos da comunidade.

O «line up» desta nova edición conta con DJ´s recoñecidos tanto a nivel nacional como internacional.

  • Kurd Maverick: DJ afincado en Düsseldorf e coñecido por ser un referente na música «house». Tocou en lugares como Londres, São Paulo, París ou Bogotá, entre moitos outros.
  • Belén Jurado: cantante e DJ malagueña, nomeada como a primeira embaixadora de Twitch en España. Conta con case medio millón de seguidores nas súas redes sociais.
  • Dany BPM: DJ e productor barcelonés que actualmente o compaxina co seu traballo en «Los 40 Dance». Recoñecido a nivel estatal conta cun amplio percorrido polas salas máis prestixiosas.
  • Steven Rod: un dos mellores DJ portugueses. Tocou en países como Estados Unidos, Alemaña ou Francia.
  • Dj Charlie: DJ e locutor de radio que conta con máis de vinte anos de traxectoria e é un dos referentes galegos. Tocou en lugares como Madrid, Girona, Italia ou Portugal.
  • Cris Gloss: DJ viguesa que destaca pola mezcla de sonidos «house».
  • Dj Xian: DJ vigués que entre o seu repertorio atópasen estilos como o Urban, Latin e EDM Music.

Dende as 22:30 horas, o público bailará coa mellor música electrónica e dance nun festival que chega a súa vixésima terceira edición acadando o pasado ano cifras récord con máis de 13.000 persoas.

A entrada coma tódolos anos é gratuíta e para facilitar o acceso e chegada ao festival haberá zonas de aparcamento e transporte público reforzado, incrementándose as liñas de autobús e frecuencia.
Ademais, na entrada intalarase un Punto Violeta que se sumará a todo o dispositivo de seguridade deste evento.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS