domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasCambados convértese en capital do albariño ata o domingo

Cambados convértese en capital do albariño ata o domingo

A Festa do Albariño de Cambados ponse en marcha un ano máis cunha programación moi completa e, sobre todo, para todos os públicos. A localidade do albariño renderá homenaxe ao seu produto estrela, o viño, dende o 30 de xullo ata o domingo, 4 de agosto.

No día de onte, veciños e veciñas de Cambados empezaron as celebracións previas á inauguración oficial. Foi o día no que as peñas deixaron todo listo para as próximas xornadas que hai por diante. As persoas que se achegaron onte ao municipio puideron gozar das primeiras actividades infantís e do DJ set de LORDALLO, ademais tivo lugar as primeiras «catas» de viño.

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial da LXXI Festa do Albariño coa lectura do pregón da man da mariscadora local, Victoria Oubiña «A Laranja» ás 13:00 horas. Unha vez terminada a lectura, deuse paso á apertura das casetas de viño situadas ao longo do Paseo da Calzada.

Deixamos a programación do resto dos días da Festa do Albariño, declarada Festa de Interés Turístico Internacional.

Mércores, 31 de xullo

19:00-19:30, Paseo da Calzada. Pasarrúas de OLODUM DO COIO e de ALAMBIQUE.

20:00, Plaza do Concello. Espectáculo de maxia co mago Deimi.

22:00, Plaza de Fefiñans. Concertos de CATUXA SALOM e The Rapants.

23:00, Plaza de Alfredo Brañas. DJ ANNSTHETIC.

23:45, Plaza do Concello. Concerto da banda tributo Euro ABBA.

Xoves, 1 de agosto

10:00, Parador de Cambados. Primeira cata dos viños presentados a concurso.

11:00-14:30 e de 17:00-22:30, Salón de Congresos José Peña. Túnel do Viño, sesións de 90 minutos organizadas polo Consello Regulador D.O. Rías Baixas.

19:00, Paseo da Calzada. Pasarrúas de OLODUM DO COIO.

19:30, Plaza do Concello. Espectáculo familiar «O Barco Pesqueiro».

20:30, Paseo da Calzada. Pasarrúas dos Festicultores Troupe.

21:00, Plaza de Fefiñans. Concertos de Recycled J, Hard GZ e Bryant Myers.

23:00, Plaza de Alfredo Brañas. DJ Paco Vulkano.

23:00, Plaza do Concello. Verbena a cargo da orquesta TANGO.

Venres, 2 de agosto

11:00, Parador de Cambados. Segunda cata dos viños presentados a concurso.

11:00-14:30 e de 17:00-22:30, Salón de Congresos José Peña. Túnel do Viño, sesións de 90 minutos organizadas polo Consello Regulador D.O. Rías Baixas.

18:00, Plaza do Con, San Tomé. Música na rúa cos DJ´s Enzo Ghisu, Smerz e Pomboloko.

19:00-19:30, Paseo da Calzada. Pasarrúas de OLODUM DO COIO e de ALAMBIQUE.

22:00, Plaza de Fefiñans. Concertos de shego e Miranda!.

23:00, Plaza de Alfredo Brañas. Dj Maefield.

23:30, Plaza do Concello. DJ Paco Vulkano e Dj Keys.

Sábado, 3 de agosto

11:00-13:00, Salón de Congresos José Peña. Túnel do Viño, primeira sesión organizada polo Consello Regulador D.O. Rías Baixas.

11:00-14:30, Salón de Congresos José Peña. Túnel do Viño, sesións de 90 minutos organizadas polo Consello Regulador D.O. Rías Baixas.

16:30, Plaza do Con, San Tomé. Música na rúa cos DJ´s Certain People, Fer BR, Karras Martínez e Yahaira.

22:00, Plaza de Fefiñans. Concertos de Carlos Ares e Colectivo Panamera.

23:00, Plaza do Concello. Sesión discoteca con DJ JJ Compota e DJ Matrek.

Domingo, 4 de agosto

12:30, Avenida de Madrid. Capítulo Serenísimo, desfile de autoridades y Cofradías Gastronómicas invitadas.

13:30, Patio de Armas do Pazo de Fefiñans. Capítulo Serenísimo, acto de investidura de Donas e Cabaleiros do Albariño.

14:30, Parque de Torrado. «Xantar do Albariño» e apertura notarial do sobre cos viños premiados na LXXII Festa do Albariño.

19:00, Plaza do Castriño. Sesión musical cos DJ´s Chichapec, DR. Fonk, Escalenux e concerto The Agapornis.

22:00, Plaza de Fefiñans. Concerto da Banda de Música de Castrelo.

22:00, Plaza do Concello. Verbena a cargo do Grupo Ritmo.

00:00, Paseo Marítimo de Cambados. Clausura cun espectáculo pirotécnico.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS