lunes, septiembre 16, 2024
InicioNewsA RaiaA AECT Rio Minho Inviste máis de 2,3 millóns de euros en...

A AECT Rio Minho Inviste máis de 2,3 millóns de euros en proxectos aprobados no ano 2023

A Asamblea Xeral da AECT Río Minho aproba as contas do exercicio anterior

A Asamblea Xeral da AECT Río Minho aprobou as suas contas do ano 2023, exercicio no cal se iniciou o investimento conxunto de máis de 2,3 millons de euros en proxectos apoiados pola Unión Europea na ampla zona luso-galaica integrada polos municipios da AECT.


Das seis candidaturas que a AECT Río Minho presentou ao Programa Interreg 2021- 2027, no ano 2023 foron xa aprobadas tres: a Rede de Governança do Rio Mino – Rede_Gov_Minho, o proxecto VISIT_RIO_MINHO_PLUS a Estratégia Rio Minho Transfronteiriço 2030.


O proxecto REDE_GOV_MINHO foi aprobado en xullo de 2023, cun prazo de execución ata decembro de 2026 e cunha inversión total de 797.536€, co obxectivo de dinamizar as axendas urbanas transfronteirizas.


Pola súa banda, o proxecto VISIT_RIO_MINHO_PLUS, aprobado o pasado mes de abril conta cunha inversión de 1.625.762€ co fin de capitalizar a marca “Río Minho” a través de actividades transfronteirizas para promocionar o Río Miño como destino (eco)turístico.


Por último, o proxecto RIO_MINHO_2030, foi aprobado e executado no ano 2023, cun importe total de 35.000€ coa finalidade de revisar a Estratexía do Río Minho 2030-. O Programa Interreg é un instrumento de financiación da Política de Cohesión da Unión Europea, que promove un desenvolvemento económico, social e territorial da UE no seu conxunto.


Asamblea Xeral
Os representantes de cada municipio que integran esta agrupación estiveron convocados en Asamblea Xeral co fin de axilizar o traballo en equipo. Entre os aspectos máism destacados da reunión, estiveron: a visualización de todos os proxectos e actividades realizados no curso do ano 2023 e a valoración das contas anuais.


Dentro da visualización das actividades realizadas, destaca a conclusión física e financeira do Proxecto Livhes. Este proxecto trata de implementar novas fórmulas para valorar o Patrimonio Cultural Inmaterial do territorio sur europeo co fin dun desenvolvemento económico sostible e cohesión territorial “As reunións cos municipios que compoñen a AECT Río Minho son sempre a mellor forma de seguir avanzando con este proxecto. A involucración de cada membro é extraordinaria , o que permite levar a cabo actividades de dinamización beneficiosas para o noso territorio” destacou Roberto Carrero, director da AECT Río Minho, deputado de Cooperación Transfronteiriza da Deputación de Pontevedra e alcalde da Guarda.

A AECT Río Minho é unha Agrupación Europea de Cooperación Territorial constituída pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e pola Deputación Provincial de Pontevedra, que ten como obxectivo promover a cooperación territorial transfronteiriza entre os dous países.


Os municipios membros de dita agrupación son, da parte galega: Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Oia, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui; e da parte portuguesa: Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monçao, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte de Lima, Valença, Viana do Castelo e Vila Nova de Cerveira.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS