domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasO CondadoO voluntariado "Resetea" dálle unha nova vida á praia da Freixa

O voluntariado «Resetea» dálle unha nova vida á praia da Freixa

Cartografado da flora exótica invasora presente na contorna da praia da Freixa, limpeza da fonte e retirada de residuos da praia e cámping son algunhas das actividades medioambientais que realizaron as doce mozas e mozos do primeiro proxecto de campo “ReseTea» en Ponteareas.

Chegados de Álava, Badajoz, Madrid, Valencia, Pontevedra e A Coruña, estes voluntarios realizaron unha intervención para a mellora ambiental, patrimonial e do uso público da contorna da praia fluvial da Freixa.

Todos eles estiveron titorizados por Manuel Allegue, director do campo de voluntariado e o técnico municipal de medio ambiente, Rubén Villasenín.

A alcaldesa Nava Castro agradeceulles o traballo realizado e felicitounos «por comprometerse con este proxecto que persegue unha mellora e protección dun espazo medio ambientalmente rico».

A contorna da Freixa alberga importantes valores ambientais e ecolóxicos, ademais promove uns servizos ecosistémicos de vital importancia. Por isto, está recoñecida como Zona de Especial Conservación (ZEC) dentro da Rede Natura 2000, que é a maior figura de conservación da natureza a nivel europeo.

Explica a concelleira de Medio Ambiente, Silvia Táboas, que «os obxectivos deste proxecto foron a conservación medioambiental, o fomento da participación cidadá e a promoción da biodiversidade».  

Os participantes tamén tiveron a oportunidade de visitar o Castelo do Sobroso, a Picaraña, o Castro de Troña, o mirador de San Cibrán, a praia de San Roque, a da Ponte das Partidas e coñeceron a cultura e tradicións de Ponteareas. Ademais de coñecer o Val Miñor, desfrutar das termas de Salvaterra de Miño, visitar os miradores da Ribeira Sacra, camiñar polo monte Aloia e visitar o balneario de Mondariz-Balneario.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS