O Rosal viviu unha noite máxica. O dúo galego, Fillas de Cassandra, uniu a súas voces á Banda da Agrupación Musical do Rosal, nunha actuación única. Dende ás 22h da noite, a Praza do Calvario encheuse de público que agardaban con ansias esta proposta tan especial.
A noite do 25 de xullo transformou o centro da vila nun escenario, onde púdose vivir o punto de inflexión na historia da música rosaleria Esta xuntanza supuxo a fusión de dous ámbitos moi relevantes da nosa historia musical.
Por un lado, un grupo emerxente no paronama actual da música galega como é o caso de Fillas de Cassandra que a través das súas canción marca o día a día da xuventude galega. E por outro, un sector tan importante para Galicia como son as bandas de música cas súas escolas de formación e estudo musical.
As persoas que asistiron onte á Praza do Calvario foron testemuñas dun encontro máxico, onde se repasou o repertorio do dúo grazas ao inmenso traballo que fixeron ambas partes. Todo coordinado polo director da banda, Javier Alonso Pérez, e Andrés Álvarez, compositor encargado dos arranxos.
Ademais, neste acontecemento, a Agrupación Musical do Rosal recibiu un recoñecemento aos seus trinta e oito anos de traxectoria.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, sinalou o concerto como “esta xuntanza serviu tamén para conmemorar outro soño cumprido, o da consecución para este ano da posta en marcha do Conservatorio Profesional de Música.”