domingo, septiembre 8, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoComezan as obras nas vías do enlace entre a autovía Tui-A Guarda...

Comezan as obras nas vías do enlace entre a autovía Tui-A Guarda e a A-55

O xoves, a Xunta anunciaba o inicio das obras de acondicionamento das vías situadas na contorna do enlace da autovía Tui-A Guarda coa A-55 e o polígono de Areas, en Tui. Nesta actuación, a Administración autonómica inviste máis dun millón de euros.

O obxectivo está en realizar adaptacións do viario á nova configuración da circulación, tras a execución da conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55 e o polígono de  Areas. Esta nova distribución da autovía está en funcionamento desde o pasado mes de febreiro tras un investimento autonómico de 26 millóns de euros.

En concreto, realizaranse intervencións nun treito da N-551 que pasa a ser autonómico, na autovía A-55 e en viarios municipais do polígono de Areas e da súa contorna que resultaron afectados pola execución das obras da autovía.

Os traballos comezaron esta semana coa mellora da drenaxe dunha canle fluvial entre a A-55 e o ramal de enlace coa N-551. Ademais, tamén se realizou unha mellora do pavimento do viario municipal afectado pola execución da obra na mesma zona.

As intervencións no treito da N-551 incluirán a adaptación da sección transversal, con eliminación do carril central que quedou sen uso, a construción de beirarrúas e a reordenación do aparcadoiro. Nos vaos peonís colocarase pavimento táctil. Tamén se procederá á reposición do firme existente, á disposición dunha parada de autobús, á execución dunha nova rede de pluviais ou á mellora da rede de iluminación.

No caso das actuacións na A-55 centraranse na renovación do firme e na instalación de pantallas acústicas adicionais.

Prevense, ademais, outros remates como o acondicionamento das glorietas do polígono de Areas por onde se desviou o tráfico e melloras en distintos camiños municipais da contorna do polígono.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS