jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsO Porriño levará a cabo obras de humanización na rúa San Sebastián

O Porriño levará a cabo obras de humanización na rúa San Sebastián

O Concello do Porriño comezará nas próximas semanas as obras de humanización da rúa San Sebastián, no tramo que vai dende a Avda. Domingo Bueno e a Capela de San Sebastián.

Os traballos, que contan cun orzamento 537.384 euros na súa primeira fase e se adxudicaron en 472.791 euros, conectarán esta rúa coa peonil  de San Bieito e o antigo Campo da Feira, que se atopa en execución na actualidade.

“O estado no que se atopa supón un risco para os peóns e tamén para os vehículos” explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

A rúa San Sebastián é un vial de sentido único cuxa capa de rodadura e beirarrúas atópanse nun estado grave de deterioro. As prazas de aparcamento non están organizadas nin están delimitadas claramente das zonas de tránsito peonil, xerando desorde e dificultando a circulación. Ademais as redes subterráneas de abastecemento e saneamento están en mal estado de conservación, o que provoca moitos cortes no subministro.

Mellora da circulación e seguridade peonil

Un dos obxectivos deste proxecto é mellorar a circulación da zona e dar prioridade á mobilidade peonil. Tamén se  mellorará a iluminación,  reorganizaranse as zonas de aparcamento, acometerase unha nova rede de saneamento e abastecemento e soterraranse as redes eléctricas e de telecomunicacións reducindo o cableado na zona.

“Trátase do acceso principal do Camiño de Santiago ao centro urbano do Porriño cunha gran afluencia de peregrinos e un punto importante no tocante ás posibilidades de conexión cos elementos patrimoniais e espazos públicos lindeiros, como a capela de San Benito e a Capela de San Sebastián, o antigo Campo da Feira co Templete de San Luis e a zona peonil”, explicou o rexedor do Porriño

Outras iniciatias que se levarán a cabo

Nos últimos anos o Concello está implementando políticas de humanización para fomentar a mobilidade peonil, con actuacións que se van estendendo paulatinamente co fin de ampliar e mellorar a calidade do espazo público.

“Queremos trasformar este barrio nun lugar de esparcemento accesible e aberto a toda a veciñanza para a realización de actividades no núcleo urbano, apostando polo poder socializador do espazo público”, apunto Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño.

Para iso, crearase unha nova praza en San Sebastián como remate da zona peonil de Manuel Rodríguez. Esta vincularase coa Capela de San Sebastián e coa fonte, ademais contará con pérgolas vexetais lonxitudinais  e mobiliario para crear unha zona de lecer.

Fomentarase a disposición de zonas de graderío e mobiliario de calidade para potenciar o seu uso e disfrute, e incrementaranse as zonas verdes e arboladas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS