martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsComarcasLoito oficial en Baiona e Vigo polos veciños falecidos no naufraxio de...

Loito oficial en Baiona e Vigo polos veciños falecidos no naufraxio de Malvinas

Galicia vive con angustia as novas que chegan desde o outro lado do Atlántico co naufraxio do buque pesqueiro Argos Georgia nas proximidades das islas Malvinas. Polo de agora, son con oito tripulantes falecidos e outras cinco persoas desaparecidas, as vítimas da traxedia confirmadas por fontes oficiais.

Dúas das persoas falecidas eran de Vigo e Baiona, polo que ambos Concellos xa anunciaron a declaración de loito oficial. O primeiro en facelo foi Baiona, que reunía á súa xunta municipal de portavoces de urxencia esta mañá para decretar un día de loito oficial desde as 12 horas de hoxe ata as 12 horas de mañá, sábado. Además, esta tarde tamén haberá un minuto de silencio ás 20 horas na Praza do Concello en memoria das vítimas, entre as que se atopa o baionés Santiago Leyenda Amoedo. “En nome da corporación municipal, mostramos as nosas condolencias a toda a familia e o nos máis sentido pésame”, manifestan desde as redes sociais do Concello de Baiona.

As mostras de cariño pola morte de Santiago e os seus compañeiros tamén chegan desde o municipio irmán de Nigrán, desde onde emitiron un comunicado lamentando a traxedia e transmitindo o seu pesar aos familiares de todas as vítimas deste suceso no que tristemente faleceu.

«Deixounos un celtista. Deixounos un dos nosos. Descansa en paz, Santiago», trasmitiron desde o Celta de Vigo, Club do que era afecionado Santiago, membro da peña Arribadas Celeste de Beiona, que tamén expresou o seu pesar en redes sociais: “Outra vida que se leva o mar”.

Pola súa banda, o Concello de Vigo tamén decretou un día de loito oficial en sinal de dor polos mariñeiros falecidos en augas Malvinas, entre eles, o veciño da cidade César Acevedo Durán, patrón de pesca do buque, que vivía en Valadares.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS