jueves, noviembre 21, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoEste venres proxéctase “A viaxe de Ernest e Celestine” no Paseo Fluvial...

Este venres proxéctase “A viaxe de Ernest e Celestine” no Paseo Fluvial de Tui

O cinema regresa este venres ao Paseo Fluvial, que volverá converterse nunha gran sala de cine ao aire libre coa proxección de “A viaxe de Ernest e Celestine”. Será ás 22.15 horas con entrada de balde.

O filme, dirixido por Julien Cheng e Jean-Christophe Roger, ten unha duración de 80 minutos. Ernest e Celestine regresan ao país de Ernest para poder arranxar o seu violín estragado. Pero ao chegar descobren que alí a música está prohibida dende hai anos. Tentan poñer fin a esa inxustiza coa axuda dos seus cómplices, entre os que está un misterioso xusticeiro enmascarado, e devolver así a ledicia ao país dos osos.

A película estivo nominada aos ao Mellor Film de Animación no Premios César, e á Mellor Película Independente nos Premios Annie. A próxima cita co cinema ao aire libre en Tui será o venres, 9 de agosto, á misma hora que esta semana no Paseo Fluvial, coa proxección de “Salta!”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS