domingo, septiembre 8, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Festival de Música no Claustro de Tui recibe por primeira vez...

O Festival de Música no Claustro de Tui recibe por primeira vez unha axuda económica

A deputada de Turismo, Nava Castro, remarcou o firme apoio da Deputación ao Festival de Música no Claustro de Tui, ao que destina unha achega económica por primeira vez nos seus 18 anos de historia. “Compráceme dicir que por vez primeira a Deputación de Pontevedra vai destinar recursos económicos para impulsar Música no Claustro. Facémolo -engadiu a deputada- porque confiamos no poder transformador da cultura e da música e porque sabemos que este é un extraordinario xeito de apoiar ao tecido profesional musical e de impulsar a investigación, a preservación e a divulgación cultural”.

Nava Castro presentou este evento, que terá lugar na cidade de Tui entre o 1 e o 7 de agosto, xunto co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o secretario territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Ramón Pereiro; e a xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro. A deputada de turismo agradeceu ao organizador de Música no Claustro, Samuel Diz, a súa iniciativa para impulsar este festival que se ten conseguido situar “como parte fundamental da programación cultural e musical de Tui e tamén do conxunto da provincia”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS