domingo, septiembre 8, 2024
InicioConcellos +SalcedaO Concello de Salceda pagará as facturas pendentes dos provedores

O Concello de Salceda pagará as facturas pendentes dos provedores

O Concello de Salceda de Caselas anunciou que contan cun remanente positivo de tesourería de case 1,4 millóns de euros, provintes do exercicio de 2023. Estes cartos poden ser empregados en pago de facturas sen ter que acudir a un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito.

Por esa razón,  a alcaldesa do municipio, Loli Castiñeira, convocou unha sesión extraordinaria da Corporación, que deberá aprobar este trámite co obxectivo de que as empresas que realizaron traballos para o Concello poidan cobrar.

O total do remanente de tesourería para gastos xerais é de 1.395.562,07€, dos cales se propón nesta ocasión a incorporación ao orzamento de 1.032.358,87€. Estes permitirían o pago das facturas pendentes ata abril de 2024, incluindo as que están pendentes de aprobación a través do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito do ano 2023.

O Pleno Municipal é o órgano que debe aprobar este pago, o que posibilitará que os provedores e empresas que realizaron traballos para o Concello e están pendentes de cobro poidan facelo axiña.

Dende o Concello de Salceda destacaban que, «o actual equipo de goberno leva realizado unha política de contención de gasto e optimización da xestión económica ao longo desta lexislatura, polo que as facturas pendentes son facturas de obras e servizos necesarios e imprescindibles para a veciñanza.»

Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, resumía este traballo como “xestión e compromiso de pago” como “ as premisas deste Equipo de Goberno”. Ademais, a rexedora lembra que se deixa ao mesmo tempo unha reserva de máis de 300.000€ para vindeiros pagos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS