O pleno da corporación municipal de Arbo adxudicou o contrato de compravenda do inmoble sito no lugar de Chan. O seu obxectivo será destinalo ao centro social para a terceira idade a favor de Aliseda, S.A., Sociedad Unipersonal, facéndose efectiva coa sinatura ante notario o 17 de xullo de 2019.
Dito inmoble adquírese co fin de situar no mesmo, o futuro Centro Social para a terceira idade e Punto de Atención Infantil (P.A.I), complementando así as actuais instalacións e servizos que posúe o municipio.
Todo isto adquire especial relevancia, xa que este traballo está destinado a cubrir unha serie de necesidades entre un colectivo, como é o da terceira idade, que é cada vez máis numeroso en concellos do rural, como pode ser o caso de Arbo.
Coa compra deste inmoble destinado a Centro Social, téñense en conta as necesidades da poboación, cunha media de idade moi elevada. Polo tanto, unha parte importante dos habitantes da localidade son persoas que poden ser susceptibles de precisar coidados por parte de terceiras persoas, ben de familiares ou ben de persoas externas as súas familias.
Polo tanto, o proxecto ten un marco social como é o fomento da cooperación e interacción entre os maiores para evitar o seu illamento e manter as persoas maiores ben atendidas nas súas necesidades básicas co equipamento necesario, formadas e informadas das súas posibilidades para mellorar así a súa calidade de vida.
Tras a súa aprobación por acordo plenario, o Concello de Arbo asinaba un convenio de colaboración co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar da Conselleira de Política Social para o financiamento das obras de acondicionamento para o Centro Social.
O obxecto do convenio está en establecer as bases de colaboración entre as partes que o asinan para o financiamento das obras, que se destinarán a actividades de promoción da autonomía persoal e/ou prevención da dependencia. Para isto, o Consorcio realizará unha contribución máxima de 200.000 euros, e as cantidades executadas que excedan da achega do Consorcio serán por conta do Concello, é dicir, 42.623,15 €.
Co subministro de mobiliario ao Centro Social preténdese dotar e mellorar os servizos municipais a implantar neste novo inmoble adquirido e acondicionado polo Concello de Arbo. Neste caso, preténdese culminar a dotación de equipamento para o salón social e cociña para poñelo en marcha para o uso e desfrute dos maiores de Arbo. Se espera que esté en activo antes de rematar o 2024.