domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaMos xa conta con novo equipamento para a prevención de incendios

Mos xa conta con novo equipamento para a prevención de incendios

A delegada territorial da Xunta de Galicia, Ana Ortiz, entregou este martes un novo lote de equipamento ao Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso, en Mos. O material está destinado á prevención e defensa contra incendios forestais.

Trátase de diferente material, como desbrozadoras, motoserras e equipamento de seguridade, que poderán ser utilizadas polo persoal do centro dotacional grazas ao convenio de colaboración entre a Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Servizo Agrario Galego (Seaga).

Pola súa banda, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos agradeceu o apoio autonómico á prevención e loita contra os lumes forestais nas parroquias de Mos, neste caso a de Torroso. E puxo en valor o labor desenvolvido pola Comunidade de Montes de Torroso e o Círculo Recreativo e Cultural de Torroso.

Concretamente o material entregado esta mañá consta de 3 desbrozadoras, 2 motoserras, 7 cascos forestais; guantes, cadeas e botas; así como limas, zahóns anticorte, discos, cabezais e nylon trenzado.

O investimento total realizado no devandito material ascende a preto de 7.000 euros e para facer efectiva esta entrega, asinouse un convenio de colaboración aos efectos co Círculo Recreativo e Cultural de Torroso en materia de prevención e loita contra incendios.

No acto, tamén estiveron presentes o tenente de alcaldesa, Camilo Grandal, e a directora-xerente de Seaga, Luisa Piñeiro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS