O Concello recibió onte ó grupo da parroquia de San Xorxe de Madrid que hoxe iniciaba a súa peregrinación dende o recinto amurallado de Salvaterra ata Santiago de Compostela.
Un total de 100 rapaces e rapazas que iniciaron o Camiño Taverneiro e que cruzaron o Miño ata a zona de Monçao e despois voltaron para dirixirse a Ponteareas.
Por diante teñen sete días nos que tamén pasarán por Pazos de Borbén, Pontecaldelas, Cotobade, Codeseda, Souto de Vea e rematarán en Santiago. O Camiño Taverneiro, que deu os seus primeiros pasos como Vía Cultural da man dos concellos por onde transcorre e a Deputación de Pontevedra, busca divulgar e amosar ás persoas que o realicen o gran atractivo do interior da provincia.