jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasLuis López marca as prioridades de futuro para o Val Miñor

Luis López marca as prioridades de futuro para o Val Miñor

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, segue amosando o interese do goberno provincial polos retos de futuro dos concellos e as comarcas, que pasan pola sustentabilidade en todos os eidos, coa presentación da Axenda Rural e Urbana do Val Miñor. Despois de presentar esta folla de ruta nas comarcas de Pontevedra e O Morrazo, Vigo, Deza, Caldas e O Salnés, o mandatario provincial participou este luns en Baiona para dar a coñecer as liñas mestras dun proxecto a medio prazo. Estas liñas buscan unha comarca do Val Miñor “máis sustentable no económico, no social e no medioambiental”, afirmou Luis López.

Para conseguir este obxectivo, na comarca do Val Miñor elaborouse, en colaboración cos concellos e os axentes sociais, unha detallada diagnose para identificar os obxectivos a conseguir na vindeira década. Unha estratexia sobre a cal Luis López, quixo poñer en valor o traballo realizado polo alcalde e deputado Vázquez Almuíña. “El impulsou este documento desde a Deputación”, agradeceu. Un documento que, segundo resumiu o presidente provincial, persegue “un Val Miñor máis verde, apostar pola dixitalización para conseguir unha xestión dos servizos máis eficiente, adoptar unha economía circular, prestando especial atención ao saneamento, o abastecemento, a enerxía e a xestión dos residuos».

Ademais, este documento busca unha mobilidade que aposte por un transporte menos contaminante, que favoreza a mobilidade peonil e limite o uso do vehículo particular; quere encontrar solucións aos problemas de vivenda e, por suposto, un desenvolvemento económico que estará relacionado cun turismo sustentable, respectuoso co medio ambiente e desestacionalizado.

Unha carreira para a transformación dun territorio conformado polos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar na que a comarca parte con vantaxe. “Estes concellos forman o que en Europa identifican como unha Área Urbana Funcional e esta comarca do Val Miñor cumpre á perfección cos requisitos que esixe a Unión Europea para a vindeira convocatoria de Fondos Feder”, declarou o mandatario provincial, quen destaca a existencia de lazos comúns no económico, social, medioambiental e cultural, así como uns retos, obxectivos e fortalezas comúns entre os tres concellos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS