domingo, septiembre 8, 2024
InicioConcellos +A CañizaA Cañiza consolida o seu Entroido de Verán como unha das principais...

A Cañiza consolida o seu Entroido de Verán como unha das principais citas do verán

Pepo Suevos abrirá o evento coa lectura do pregón. Desfile e concurso de disfraces con 1500€ en premios para consumir no comercio local e sesión DJ para rematar

O Entroido de Verán da Cañiza bota a andar por tercer ano consecutivo organizado polo Clube Balonmán da Cañiza, en colaboración co Concello da Cañiza e a Asociación de Comerciantes e Hostelería.

Tras a gran acollida das primeiras edicións, este evento consolídase como unha das principais atraccións do verán na comarca da Paradanta.

O próximo sábado 27 de xullo, a partir das 11:30h e co epicentro na Praza Maior da Cañiza, terá lugar o Entroido que contará con actividades para todos os públicos. Pola mañá, abrirá a zona infantil con hinchables, pintacaras e xogos para os máis pequenos. Ás 12:00h sesión vermú, con pulpeiro e música a cargo da charanga Imperiais.

Pepo Suevos, cómico, presentador e actor galego, será o encargado de abrir oficialmente o entroido coa lectura do pregón ás 13:00h dende a praza.

Xa pola tarde, procederase ao desfile e concurso de disfraces. Dende as 19:30h e con salida na Carballeira do Cacharado e tras recorrer A Cañiza, o desfile deterase na Praza Maior onde o xurado elixirá aos mellores disfraces e comparsas. Repartiranse 1500€ en premios para consumo no comercio local. Para participar, é preciso inscribirse no teléfono 616 13 45 60.

As activiaddes paralelas, como a elección do escaparate mellor decorado, o mellor balcón e o mellor pincho do entroido serán tamén entregados na Praza Maior.

Para rematar, festa nocturna a cargo dun elenco de DJ’s como son: Javi Moore, Gabryd, Diego Mei, DJ Charlie e Traffic House. Entre todos porán a bailar aos asistintes e rememorarán tempos pasados cunha sesión remember na discoteca Lesothum da Cañiza.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS