jueves, noviembre 21, 2024
InicioComarcasO CondadoPonteareas destinará 70.000 euros en axudas para as traídas de aguas

Ponteareas destinará 70.000 euros en axudas para as traídas de aguas

A concellería de Infraestruturas do Concello de Ponteareas, que dirixe Raquel Bautista, publicou no Boletín Oficial da Provincia as bases para solicitar as axudas para as comunidades de usuarios de augas de consumo.

O Concello de Ponteareas destina unha partida de 70.000€ de fondos propios para axudar ás traídas de augas legalizadas. Co obxectivo de cubrir gastos de adquisición de equipamentos e materiais, así como man de obra para tarefas de limpeza e mantemento, captación de augas, mantemento dos sistemas de almacenamento e potabilización, rede de distribución da auga, inscrición no Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo e realización de protocolo sanitario, entre outros traballos.

Raquel Bautista sinala que en Ponteareas existe preto de sesenta comunidades de usuarios de augas de consumo que desenvolven un servizo básico de abastecemento de auga potable fundamental para o día a día das veciños e veciños.

As comunidades de usuarios poderán optar ata un total de 4.000€ de subvención, pero deberán presentar as súas solicitudes antes do día luns 5 de agosto. Poderán facelo na páxina web do Concello, onde tamén poderán consultarse as bases no apartado “convocatorias, axudas e subvencións”, ou directamente premendo aquí.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS