domingo, septiembre 8, 2024
InicioNewsComarcasA Piscina de San Eleuterio a pleno rendemento durante o verán

A Piscina de San Eleuterio a pleno rendemento durante o verán

As instalacións ao aire libre de San Eleuterio, ademáis de estar dispoñibles para o uso libre da piscina, tamén se habilitan para facer exercizo monitorizado nestas dependencias. Así, organízanse clases de Aaquagym de balde en grupo. Estas sesións que lograron cubrir todas as prazas ofertadas, un total de 60, que se dividen en dous grupos: un de 30 persoas con sesións os martes e xoves e outro, coas outras 30, os mércores e venres de 11.00 a 12.00 horas. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Deportes, Feli Rodríguez, visitaron esta mañá a piscina e compartiron un rato cos usuarios e usuarias desta actvidade, organizada desde o programa municipal ‘Exercítate no verán’.

Por outra banda, a entrada para baño libre ten horario ininterrompido de 12.00 a 21.00 horas de luns a venres e as fins de semana (sábado e domingo) e festivos de 12.00 a 20.00 horas. As instalacións contan con servizo de socorrista durante todo o horario de apertura, vestiarios e duchas con auga quente, e servizo de limpieza e mantenimiento durante os dous meses de verán. Os usuarios e usuarias poderán gozar da piscina de San Eleuterio durante os meses de xullo e agosto.

Ademais desde o Concello lémbrase que dende o pasado 1 de xuño atópanse operativos e abertos ao público os parques de auga municipais. Os Parques da Auga da Pesqueira e de Sanguiñeda están activos todos os días en horario de mañá de 12.00 a 14.00 horas e de tarde de 16.00 a 21.00 horas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS