jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeJuan Ferrón do Natación Mos convocado para París 2024

Juan Ferrón do Natación Mos convocado para París 2024

O nadador ven de ser convoado polo Comité Paralímpico Español tras realizar os 100m Mariposa marca de consideración olímpica e estar entre os mellores postos do Ranking Mundial na categoría S-13

O nadador Juan Ferrón Gutiérrez do Club Natación Mos ven de ser convocado para os Xogos Paralímpicos de París 2024. Así o fixo público esta mesma mañá o Comité Paralímpico Español na súa lista de convocados para a cita na capital gala. Ferrón consegue deste modo o billete olímpico gracias aos increíbles 58″52 selados nos 100m Mariposa no Cto de España celebrado en Palma de Mallorca. Esta marca é de consideración olímpica e pon a Juan Ferrón entre os primeiros postos do Ranking Mundial da tempada en categoría S-13.

O nadador, que xa estivo cerca de ir convocado a Tokio 2020+1, fará o seu debut na competición de maior talla á que pode acceder un deportista, pero co respaldo e a profesionalidade de levar ás súas espaldas a participación en dous Europeos e noutros dous mundiais, ademais de en varios trofeos e copas internacionais, que lle sitúan como un dos principais arietes da Selección Española na categoría S-13 que é a correspondente aos nadadores con discapacidade visual grave.

Dende o seu club non ocultan a súa alegría e orgullo cara Juan «leva casi 10 anos nas cosas filas, comezou con nós de neno tras participar no Campeonato Escolar que organizamos, e sempre tivo moi boas cualidades e fai 5 anos demos o paso de competir tamén en natación adaptada, onde a prograsión foi meteórica, culminando este proceso cunha convocatoria olímpica». Ademais, o Club Natación Mos convértese deste modo no primeiro club do municipio en ter entre as súas filas a un deportista de talla olímpica, o cal señalan «é un verdadeiro orgullo para nós, aínda que o mérito e froito do traballo, a constancia e o sacrificio de Juan, e tamén do noso entrenador Alberto Pereira, quen o formou dende neno». Sen dúbida, «Juan é un exemplo de superación e traballo para todos no club, un exemplo a seguir» aseguran dende o Club.

A Juan quédalle por diante máis dun mes de preparación para afrontar a cita olímpica en máximas condicións, actualmente atópase convocado coa selección española no CAR de Sierra Nevada, facendo unha concentración en altura, e a próxima semana viaxarán ata Barcelona para afrontar o último mes de preparación no CAR de San Cugat antes de por rumbo a París.

Juan pola súa parte atópase «centrado en realizar cada entreno e traballar nos pequenos detalles que marcan a diferencia» e afrontando con motivación a oportunidade de batirse contra os mellores nadadores do mundo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS