domingo, septiembre 8, 2024
InicioNewsActualidadeA Deputación ten aberto o prazo para que as compañías de artes...

A Deputación ten aberto o prazo para que as compañías de artes escénicas poidan inscribirse no catálogo “+Escénicas”

“+Escénicas” trátase dun novo circuíto cultural da Deputación, dotado con 175.000 euros, para levar espectáculos de danza e teatro en galego aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia

A Deputación de Pontevedra ten aberto ata o próximo mércores 24 de xullo o prazo para que as compañías de artes escénicas da provincia e do resto de Galicia poidan inscribir os seus espectáculos no catálogo “+Escénicas”, que contará con dúas modalidades: “+Teatro” e “+Danza”. “+Escénicas” trátase dun novo circuíto cultural da Deputación, dotado con 175.000 euros, para apoiar a programación de artes escénicas en galego nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.


Unha vez configurado o catálogo, e entre o 2 e o 16 de setembro, os concellos poderán elixir os espectáculos entre as propostas incluídas nel, que deberán desenvolverse entre o 15 de outubro de 2024 e o 31 de marzo do 2025. Ademais, este catálogo abrirá un prazo cada ano, entre o 1 e o 28 de febreiro, para que as compañías que o desexen poidan inscribirse, darse de baixa ou modificar os datos que inclúe.


Con “+Escénicas” a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional ven facendo dende hai máis de 15 anos. Ao abeiro deste novo circuíto cultural da institución provincial, a cada concello correspóndelle unha achega máxima de 3.400 euros e poderá solicitar un máximo de tres espectáculos. O cofinanciamento dependerá do tamaño do concello: ata 5.000 habitantes, a Deputación aportará ata un 90% e o concello o 10% restante; naqueles de 5.000 a 10.000 habitantes a proporción será do 80% – 20%, e nos que teñan entre 10.000 e 20.000 será do 70% – 30%.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS