jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeO vindeiro outono será tempo de empresariado feminino en Mos

O vindeiro outono será tempo de empresariado feminino en Mos

Empresarias Galicia, contando coa colaboración do Concello, desenvolverá no municipio os proxectos “Soltando Amarras. Somos Empresarias” e “Somos industria, somos empresa” durante os meses de outubro e novembro

As vicepresidentas de Empresarias Galicia, Mar Ferrero Cuesta, vicepresidenta e tesoureira da asociación e Teresa Martínez Castro, vicepresidenta e secretaria, reuníronse esta mañá no Concello de Mos coa alcaldesa, Nidia Arévalo, e coa concelleira de Economía, Industria e Facenda, Feli Rodríguez, para tratrar sobre dous ambiciosos proxectos que protagonizarán os meses de outubro e novembro (mes no que se celebra o Día Internacional da Muller Emprendedora) na localidade mosense.


Trátase de “Soltando Amarras. Somos Empresarias” e “Somos industria, somos empresa”. Soltando Amarras é unha xornada de networking e liderazgo, de expresión positiva e respectuosa da situación en materia de desigualdade non só nos sectores máis masculinizados, dando a coñecer a visión feminina con respecto a temas relacionados coa empresa, a cultura e a sociedade. Centrada en poñer en valor as competencias e capacidades das mulleres, aportar ideas, solución, establecer redes e, ante todo, incidir na necesidade de traballar, comunicar, emprender e liderar desde a igualdade. Como localidade emprendedora que é Mos, espérase que Soltando Amarras xere un impacto positivo no ecosistema empresarial local a través de obxectivos como a visibilización do papel das mulleres empresarias, a creación de sinerxias entre o tecido empresarial, achegar experiencias de éxito e coñecer e intercambiar ideas.


Por outra banda a xornada Somos industria, somos empresa, non se levou a cabo ata o momento en ningunha outra localidade, e nela falarase de retos e oportunidades desde un punto de vista das mulleres directivas e empresarias.


Trátase dun proxecto novidoso dirixido tamén a un máximo de 100 asistentes do tecido empresarial de Mos e arredores, no que se visibilizará o papel da industria liderada ou dirixida por mulleres desde a dirección xeral, a dirección de departamento ou como fundadora. E no que se falará de retos e oportunidades da industria asentada en Mos, desde un punto de vista de liderazgo feminino. Para elo levaranse a cabo diversas ponencias e mesas de debate.


Desde o Concello de Mos tanto a rexedora local como a edil mosense de Economía e Industria valoraron moi “positivamente esta colaboración dada a necesidade de empoderar á muller, poñer en valor o papel da muller emprendedora e empresaria, así como da industria liderada por mulleres”. “En Mos temos un gran tecido empresarial e tamén un gran número de empresas lideradas por mulleres, sentímonos orgullosos delo e valoramos este dato, que non é baladí, pois a conciliación para unha persoa que dirixe unha empresa non é tarefa sinxela”, apuntaron as representantes municipais Arévalo e Rodríguez, quenes concluíron asegurando que “desde o Concello de Mos seguiremos apostando polo apoio ao emprendemento en xeral e ao emprendemento feminino en particular, xa que nos nosos emprendedores e emprendedoras susténtase a base da economía de Mos. E con ese obxectivo de colaboración e axuda a este colectivo convócanse e organízanse iniciativas como estes dous proxectos promovidos e desenvolvidos por Empresarias Galicia”, remataron.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS