domingo, septiembre 8, 2024
InicioNewsComarcasO Porriño acomete melloras no Centro de Día de Torneiros

O Porriño acomete melloras no Centro de Día de Torneiros

Instalarase unha cuberta no acceso ás instalacións e levaranse a cabo actuacións na zona axardinada respondendo ás demandas da dirección do centro e das persoas usuarias

O Porriño segue a invertir na calidade dos servizos que presta aos seus maiores. Nesta liña, a entidade local acometerá unha serie de melloras no Centro de Día de Torneiros que redundarán nunha mellor atención aos/as usuarios/as deste centro socio- terapeutico.


Nos vindeiros días dará comezo a instalación dunha pérgola para a porta de acceso das instalacións, algo moi demandado polo centro xa que en días de choiva, ou tamén en días de moito sol, dificultabase a entrada. Deste xeito quedará a cuberto o tramo que une o aparcamento de vehículos adaptados coa porta de entrada.


Tamén se colocarán varios parasoles na zona axardinada de lecer, onde se desenvolven moitas das actividades do centro, e se renovará o mobiliario para os obradoiros de horticultura. Isto requerirá unha inversión 14.000 euros.


“Os espacios destinados a coidar dos nosos maiores deben favorecer a súa mobilidade e retardar na medida do posible o seu natural deterioro”, explicou a concelleira de Política Social, Teresa Veloso, “ a estas duas tarefas contribúen as accións que estamos levando a cabo nesta actuación”.

O centro de Torneiros dispón de 40 prazas para a atención integral diurna de persoas maiores, dotado dun equipo de profesionais especializado en promover a súa autonomía persoal, as súas relacións e o envellecemento activo, ademais de facilitar a concilicación familiar.


“É un recurso esencial esencial para atender de maneira acaída ás persoas de idade avanzada, un colectivo especialmente sensible á soidade, e por iso estamos en comunicación constante coa dirección do centro e traballamos da man para que as súas instalacións estén nas mellores condicións”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, engadindo que “trasmitironnos varias propostas de mellora máis das que tomamos boa nota para poder dar resposta o antes posible, como a instalación dun parque biosaudable”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS