domingo, septiembre 8, 2024
InicioNewsComarcasNigrán ofrecerá a tradicional masterclass do Nigranjazz a cargo do quinteto 'Alto...

Nigrán ofrecerá a tradicional masterclass do Nigranjazz a cargo do quinteto ‘Alto For Two’

Coma cada ano, o Concello ofrece a través do Nigranjazz unha masterclass conducida por un dos artistas principais do festival. Nesta XVIII edición, a actividade será o venres 26 de xullo de 12:00 a 14:00 horas no Auditorio Municipal. Eencargaranse de impartir a clase o quinteto ‘Alto For Two’, formado por cinco dos máis brillantes músicos novos do continente europeo. A saxofonista holandesa Kika Spranger e a española Irene Reig comandan este grupo que se completa con Xavi Torres, excepcional pianista catalán, Thomas Pol no contrabaixo e Jamie Peet na batería.

Os asistentes poden participar activamente ou coma ouvintes, dependendo do seu nivel, estando dirixida a clase a músicos xa iniciados ou avanzados de Jazz pero tamén é unha oportunidade para instrumentistas da máis diversa procedencia e para os máis novos de comprender como funciona esta música tan especial. O custo da Masterclass será de 15€ e os alumnos do Conservatorio Mayeusis, patrocinador da Masterclass, terán un prezo reducido de 10€.

A inscrición poderá facerse persoalmente en Mayeusis Vigo (Rúa Areal, 118), enviando un correo electrónico adxuntando o formulario de inscripción (dispoñible en www.nigran.org) cuberto a info@mayeusis.com ou por teléfono no 986 22 63 78.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS