O Concello levará a cabo durante este verán diversas actuacións de melloran nas Escolas Infantís «A Galiña Azul» do municipio. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, informaron que estos traballos serán financiados polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en virtude dos convenios asinados para tal fin.
Logo do visto bo da Consellería de Política Social e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ao informe técnico das actuacións propostas polo Concello nas escolas infantís de Mos, apróbase o inicio das obras que serán acometidas durante a presente tempada estival e rematadas antes do inicio do vindeiro curso 2024-2025.
As representantes municipais, Artévalo e Cebreiro, informaron hoxe en detalle sobre os traballos que inclúen as devanditas obras. “Na Escola Infantil da Veigadaña realizarase o suministro e instalación de 3 toldos (9.500,00 €), peche valla para patio exterior (2.886,76 €) e reparación de paredes (3.448,50 €); na de Cototorrón instalarase unha nova caldeira de calefacción (5.680,95 €) e na da Porteliña suministro e instalación de aluminio para cambio de ventanas (15.000,00 €)” afirman desde o Concello.