A Xunta Rectora da UNED de Pontevedra aprobou recentemente por unanimidade que a aula Uned do Porriño imparta un novo grado universitario. O Grado de Dereito súmase á oferta formativa do noso centro asociado xunto co de Traballo Social e o de Socioloxía, permitindo que a veciñanza poida estudar na vila tres carreiras universitarias.
O prazo de matrícula está aberto e dende hoxe as persoas que se queiran matricular en calquera dos cursos deste grado xa poden facelo no Porriño. “Unha gran nova e unha gran oportunidade para moitos veciños e veciñas que queren cursar estudos universitarios e non teñen a posibilidade de desprazarse”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, agradecendo “á UNED de Pontevedra a súa disposición sempre a atender as nosas demandas e ampliar a súa oferta na nosa vila, abrindo camiños e horizontes para os porriñeses e para o pobo”.
Na actualidade xa hai seis persoas matriculadas en grados na aula do Porriño, unha cifra que seguro se ampliará notablemente coa oferta de Dereito, unha carreira con moita demanda. O proceso de matriculación na UNED é totalmente online a través da súa páxina web https://app.uned.es/portal/admision-matricula-por-internet.