viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaUnha senda peonil na EP-2405 mellorará a seguridade en Budiño

Unha senda peonil na EP-2405 mellorará a seguridade en Budiño

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, reuniuse hoxe coa deputada de Infraestruturas e Mobilidade, Isabel Couselo, para abordar os avances no proxecto de construción dunha nova senda peonil no Casal e en Cerquido, en Budiño.

Trátase dunha demanda histórica da veciñanza da parroquia e o proxecto atópase moi avanzado, tan só queda pendente concretar a ficha de cesións para proceder á súa tramitación.

O rexedor, Alejandro Lorenzo, explicou que “é unha obra moi necesaria para garantir a seguridade peonil nesta zona tan transitada e para min é moi importante dar unha resposta o máis rápido posible”.

A senda peonil transcorrerá por un tramo de 1,2 km da EP- 2405, unindo a rotonda de entrada do PPI-7 no Casal e a rotonda de acceso á antiga nacional e á autovía, no Cerquido e terá un ancho mínimo de 1,8 metros.

Na súa xuntanza de traballo, abordouse outra das grandes demandas da veciñanza do Porriño, concretamente da de Torneiros. Trátase da construción dunha senda peonil de aproximadamente 700 metros de lonxitude que una a Igrexa de San Salvador coa Relva, na EP-2402.

Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, apuntaba que é “Un proxecto no que xa traballamos ambas administracións e que tamén terá resposta en breve espazo de tempo”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS