viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasO proxecto de Campo de Voluntariado “ReseTea en Ponteareas” intervendrá na mellora...

O proxecto de Campo de Voluntariado “ReseTea en Ponteareas” intervendrá na mellora da ZEC do Río Tea

Doce mozas e mozos chegados de distintos puntos de España realizarán unha intervención para a mellora ambiental, patrimonial e do uso público da contorna da praia fluvial da Freixa. Esta intervención forma parte do proxecto “ReseTea en Ponteareas”, presentado no día de hoxe pola concelleira de Medio Ambiente, Silvia F. Táboas, e a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, xunto a Manuel Allegue, director do campo de voluntariado e o técnico municipal de medio ambiente, Rubén Villasenín.

Este proxecto de Campo de Voluntariado non aparece de xeito illado, segundo adiantou a alcaldesa, senón que se proxecta a anos vista, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. O obxectivo principal é poñer en valor os recursos ambientais, patrimoniais e de uso público da ZEC Río Tea.

«A través das accións ambientais, patrimoniais e de educación ambiental os participantes mellorarán o presente de Ponteareas e abrirán paso a un futuro mellor», así o suliñou a alcaldesa. Ademáis, Nava Castro agradeceu “inmensamente o compromiso desta mocidade que ao longo de quince días intervirá nun espazo de alto valor medioambiental e social como o é a Freixa”.

A Freixa, bañada polo río Tea, está dentro da Zona de Especial Conservación (ZEC), dentro da Rede Natura 2000, a maior figura de conservación da natureza anivel Europeo, porque alberga uns importantes valores ambientais e ecolóxicos e promove uns servizos ecosistémicos que son de vital importancia protexer.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS