O Curro do Pedroso trátase dun evento no que cañicenses e visitantes poderán gozar da baixada dos animais dende as montañas ata o curro para o seu saneamento e colocación de microchips. Unha xornada enxebre na que non faltará a boa gastronomía, música tradicional e moitas sorpresas. Un inesquecible día de romaría e festa e un espectáculo de colorido e bravura propio da rexión.
O Alcalde, Luis Piña,c felicitou a toda a directiva e a todos os veciños e veciñas e colaboradores que xuntos volverán a recuperar esta festa tradicional que se concebiu no ano 1994 para sanear e identificar aos animais. “unha xornada no que se funde o enxebrismo do mundo animal e a natureza, converténdose nun día de Romaría para todos”.
Con estas palabras organizadores e Alcalde presentaron o CURRO do PEDROSO que se celebrará, mantendo a tradición, o 1º domingo de agosto, neste caso o día 4 , nunha intensa xornada que comeza xa ás 7 da mañá coa subida ao Curro, coordinación dos equipos e saída á busca dos rabaños, para dar comezo a unha festa que se prolongará ata a noite.
Ao Curro do Pedroso accédese por un ramal da estrada N-120 de Vigo a Logroño, próximo aos edificios Rebeca, e aínda que parte dos accesos son de terra atópanse en boas condicións.
Podedes ampliar esta información con imaxes e vídeos no facebook do CURRO DO PEDROSO a través do enlace: https://www.facebook.com/currodopedroso