viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasNigrán acolle un ano máis o torneo de rugby praia "Melgachos"

Nigrán acolle un ano máis o torneo de rugby praia «Melgachos»

A novena edición do torneo «Melgachos»,organizada polo Concello en colaboración co devandito clube vigues, terá lugar este sábado 20 de xullo en Praia América. Un total de 200 xogadores de 20 clubes senior e de veteranos de toda a península participarán nesta competición que, desde a súa orixe, organízase nesta praia preto do aparcadoiro e o mercado multicultural. Así, desde as 11:00 e ata as 18:00 horas xogaranse uns 30 partidos cortos de 5 minutos de 5 contra 5. Para finalizar terá lugar o famoso «tercer tempo» do rugby, no que os deportistas confraternizan.

“Este torneo forma parte xa da identidade do verán nigranés, cada ano deixa imaxes espectaculares na nosa retina. O certo é que para o Concello é unha oportunidade magnífica para promover este deporte aínda minoritario en España e, ao mesmo tempo, é un orgullo ser a ‘casa’ de tantos deportistas que, nun ambiente festivo e moi saudable, compiten en Nigrán ante centos de afeccionados e de bañistas que se empapan de rubgi”, explicou Juan González, alcalde de Nigrán, durante a presentación esta mañá con Nestor
Torres, presidente do Melgachos; Andrés Toledano, da marca nigranesa patrocinadora do evento Cervezas Banda; e as concelleiras de Deportes e Festas, Sara Penedo e Cristina Dosil.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS