jueves, noviembre 21, 2024
InicioConcellos +ArboArbo investirá máis dun millón de euros para a mellora do municipio

Arbo investirá máis dun millón de euros para a mellora do municipio

A inversión, con valor aproximado de 1.221.727,47€, será en redes de saneamento, instalacións deportivas, posta en marcha do local social, obras de mellora en estradas e camiños, melloras peonil e parques infantís

O Concello de Arbo, ven de confirmar que investirá máis de un millón de euros en obras de mellora en distintas parroquias do municipio.


O diñeiro da inversión irá destinado a redes de saneamento, a instalacións deportivas, posta en marcha do local social, obras de mellora en estradas e camiños, melloras peonil, parques infantís e redacción de proxectos para vindeiras obras.


Entre as actuacións que se van realizar atópanse:
Subministro equipamento no Centro Social de Arbo (51.425,00 €), ensanche e pavimentación no Lugar de Casanova – Mourentán (83.208,30 €.-), reposición de vial e execución de muro no lugar de Vilar (51.613,82 €-), suministro varanda en camiño fonte da Igrexa e peche parque infantil de San Antonio (17.769,45 €), mellora do vial de acceso a Portela – Cuarto (48.396,94€), conexión do saneamento en Almuíña á rede xeral (31.738,52 €), reforma de vestiarios do campo de fútbol municipal (33.268,59€.-), mellora da pavimentación na rúa la Habana e no acceso a Fonte María, Arbo (28.297,00 €) e mellora e ampliación en vial de Arbo a Vilar-As Laxas (54.431,35€.-).


«Estas melloras desempeñan un papel crucial na conectividade e accesibilidade de Arbo e os seus arredores. O adecuado mantemento e acondicionamento destas vías, así como infraestruturas municipais, non só mellora a calidade de vida dos nosos cidadáns, senón que tamén contribúe ao desenvolvemento económico do municipio», informa o alcalde de Arbo, Horacio Gil.


«Dende a chegada ao goberno, propuxémonos mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Arbo, asi como atraer nova poboación, tendo claro que as inversións e melloras fan máis atractivo o noso Concello», manifesta Horacio Gil. «Ademais, das obras que xa se están realizando ou en proceso de licitación, estase traballando tamén na redacción do proxecto “Humanización dá rúa Vázquez Estévez – Fase I”, para o que a Deputación de Pontevedra, concedeu unha subvención de 12.779,14 € e noutras infraestruturas de importancia para Arbo» – remata o rexedor.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS