jueves, noviembre 21, 2024
InicioActualidadeEducaciónBaiona recoñece o traballo de catro estudantes polos seus expedientes

Baiona recoñece o traballo de catro estudantes polos seus expedientes

O Concello de Baiona celebrou durante a mañá deste luns, unha recepción no salón de plenos para recoñecer o traballo dos estudantes que foron galardoados polos seus expedientes académicos.

Os homenaxeados foron Brais Costas, Nuria Costas, Jonathan García e Noa Calero que foron recibidos polo alcalde de Baiona, Jesús Vázquez, e a concelleira de Educación, Nuria Leyenda.

Dende o Concello ao coñecer os resultados obtidos polos catro estudantes nas diferentes áreas, decidiron realizar a recepción onde se lles fixo entrega dun diploma e de dous libros sobre Baiona.

Durante o acto, o alcalde da localidade señalou a importancia de recoñecer e dar difusión ao esforzo diario do alumnado de Baiona, «hoxe agradecemos voso traballo e constancia diaria e tamén, o de toda a comunidade educativa que vos respalda».

Jesús Vázquez Almuiña tamén aproveitou para agradecer e felicitar un a un aos alumnos e alumnas polo seu esforozo, así como ás familias e profesores, desexándolles o mellor para a súa próxima etapa educativa.

O rexedor finalizaba destacando que «temos moito futuro en Baiona» e engadíu unha mención especial á educación pública pola súa importancia a nivel social.

Os estudantes estiveron acompañados polos seus familiares e profesores entre os que se encontraban membros dos equipos directivos, que fixeron unha representación dos distintos centros educativos de Baiona.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS