viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaMos contará cun total de 16 efectivos para o seu Servizo de...

Mos contará cun total de 16 efectivos para o seu Servizo de Emerxencia

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o edil de Emerxencias, Leo Costas, achegáronse esta mañá ata as dependencias do Servizo Municipal de Emerxencias na Veigadaña para dar a benvida aos 12 GES que veñen de incorporarse ao Grupo Supramunicipal de Emerxencias de Mos.

En total este verán, o Servizo de Emerxencias contará con 16 efectivos entre os xa existentes, os 12 GES e os 3 condutores motobomba que se incorporarán este mes.

O funcionamento do GES de Mos é posible grazas a un convenio de colaboración asinado coa Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Deputación Provincial de Pontevedra, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais.

O GES de Mos está composto por 12 efectivos e, en colaboración e coordinación co Servizo Municipal de Mos e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos, realiza diversas funcións como a intervención en incendios forestais e urbanos no ámbito territorial da demarcación, prácticas preventivas en camiños e espazos públicos que poidan servir de cortalumes, intervir en situacións derivadas de risco, entre outras.

O financiamento dos 12 GES de Mos require unha inversión total de 320.000 euros que é asumida a través de 128.000 euros aportados pola Deputación, a Consellería do Medio Rural, a Dirección Xeral de Defensa do Monte pon 152.250 euros, 24.000 euros financiados polo Concello e os 15.750 euros restantes a Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta a través da Dirección Xeral Administración Local.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS