domingo, septiembre 8, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoEstes son os concellos que instalarán pantallas para ver a final da...

Estes son os concellos que instalarán pantallas para ver a final da Eurocopa

O domingo, 14 de xullo, a Selección Española de Fútbol voltará a estar nunha final da Eurocopa. A ansiada final comezará ás 21:00 horas e retransmitirase en aberto por a canle «La 1» ou por RTVE Play. O seu rival será Inglaterra que, tras vencer a Paises Baixos o pasado mércores, clasificábase un ano máis á final.

A ilusión por acadar un novo título coa selección nacional foi medrando a medida que os de Luis de la Fuente superábanse no torneo. Por iso e ante a importancia da cita, moitos dos concellos da nosa contorna sumáronse á idea de compartir unha final cos seus habitantes.

Se queres saber se no teu concello vai haber algún acto ou unha pantalla xigante para desfrutar do partido xunto a túa xente, consulta a seguinte lista:

Comarca de Vigo

  • Redondela instalará dous pantallas xigantes no Pavillón Municipal da Marisma e no Pavillón de Deportes de Chapela «Manuel González Soto».
  • Vigo contará con dous espazos onde se habilitarán pantallas para poder desfrutar do encontro da Eurocopa na Praza Estrela e no Auditorio de Castrelos.

Val Miñor

  • Baiona colocará unha pantalla na Praza do Concello, pero ás 20:00 horas comezará a previa do partido a cargo de Vince Stone.
  • Gondomar porá unha pantalla na praza Paradela.

Louriña

  • Mos habilitará o espazo da Fonte das Angustias (Estrada Porriño-Redondela) onde retransmitirá o partido e haberá foodtrucks dende as 20:00 horas para todos os asistentes.
  • O Porriño instalará unha pantalla xigante na Avenida Domingo Bueno. Ademais, o Concello do Porriño pon en marcha unha actividade previa ao partido para os máis cativos como é «Holigalia» dende ás 18:30 horas.

Baixo Miño

  • A Guarda instalará unha pantalla na Plaza do Reló e a previa do partido comezará ás 20:00 horas.
  • Tui porá unha pantalla no Paseo da Corredoira, preto da oficina de turismo.

Condado

  • Ponteareas instalará unha pantalla no Parque da Feira Vella.
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS