domingo, septiembre 8, 2024
InicioActualidadeCulturaCarlos Núñez abrirá o "Verán Cultural" de Salvaterra do Miño

Carlos Núñez abrirá o «Verán Cultural» de Salvaterra do Miño

O Concello de Salvaterra de Miño presentou hoxe o seu Verán Cultural 2024. Neste ano contarán cunha programación dirixida a todo o público, dende os máis maiores ata os máis pequenos. Os cativos contarán co seu propio apartado de actividades e propostas para que poidan desfrutar do verán en na localidade.

O inicio da programación terá lugar o 27 de xullo, o encargado de abrila será Carlos Núñez. O músico volve un ano máis a Salvaterra de Miño dentro da súa xira “Lugares Máxicos”. Unha xira coa que busca amosar a súa música en lugares especiais e respetando valores como a cultura e o medio ambiente. As entradas para este concerto están á venda no Museo da Ciencia do Viño ou na web ataquilla.com

Continuando coa programación do Verán Cultura de Salvaterra tamén destacan festas tan importantes e destacadas como O Mundo a Danzar, O Son da Muralla ou Imos de Guateque. Cada unha delas vai crecendo entre o público ano tras ano e son consideradas xa como un atractivo dentro e fóra do concello.

A Festa do Viño do Condado do Tea chega a súa sesaxésima quinta edición, onde destacan as catas populares, o Túnel do Viño, a gastronomía e os concertos que contará con nomes destacados como Luar na Lubre, De Vacas ou Roi Casal.

Programación Verán Cultural 2024

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS