viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasVal de MiñorVolve a sardiñada de Montecastelo a Nigrán tras máis dun lustro

Volve a sardiñada de Montecastelo a Nigrán tras máis dun lustro

O Concello de Nigrán e a Comisión de Festas de Parada recuperan este domingo, 14 de xullo, a tradicional sardiñada de Montecastelo. Un evento que non se celebraba desde hai máis dun lustro e que é o preámbulo das festas da parroquia de Santiago e Santa Ana, que terán lugar do 21 ao 26 de xullo.

Esta ocasión servirá para estrear a pasarela habilitada polo Concello no cumio de Montecastelo. Trátase dun balcón con espectaculares vistas panorámicas cara todo o Val Miñor.

O alcalde de Nigrán, Juan González, sinalaba que “trátase dunha romería de toda a vida onde se reúne a parroquia en grupos de amigos ou familia para comer sardiñas e compartir a mesa, por iso nos parecía importante recuperar esta tradición onde a confraternidade é a seña de identidade”.

Así, o Concello de Nigrán achegará 250 kg de sardiñas e, a maiores, os asistentes poderán degustar churrasco, empanada, pan de millo ou chouripán, ademais de beber viño e refrescos. Todo o recadado será para a Comisión de Festas, quen se fará cargo da elaboración e venda dos alimentos. Por outro lado, o grupo de música tradicional, ‘Os alegres do Val Miñor’, encargaránse de por o toque festivo a toda a xornada.

Posteriormente, a partir do domingo 21 ata o venres, 26 de xullo, a parroquia de Parada celebrará a festa de Santiago e Santa Ana. Podes consultar na imaxe a programación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS