viernes, octubre 18, 2024
InicioActualidadeCulturaSalceda xa coñoce a programación do seu Verán Cultural

Salceda xa coñoce a programación do seu Verán Cultural

Salceda de Caselas vén de presentar a programación do seu Verán Cultural e das Festas do Cristo. Estas foron presentadas pola pola alcaldesa, Loli Castiñeira, que estivo acompañada polo concelleiro de Cultura e Festexos, Alex Rodríguez, e polo equipo de goberno.

As actividades do Verán Cultural queren ser unha mostra clara da nova marca do concello, do «Salceda Móvese«. Isto débese a que moitas das actividades son desenvoltas ou contan coa colaboración do tecido asociativo do concello. Ademais, este 2024 haberá sete das actividades nas que tamén estarán presentes os nosos colectivos.

Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, sinalaba a importancia da nova marca da localidade, “esta é a manifestación e o sentido do nacemento da plataforma social Salceda Móvese, por en valor o traballo do gran tecido asociativo do noso Concello.”

A programación se estenderá dende o martes 9 ata o luns 22 e está deseñada co obxectivo de que todas as persoas poidan participar e gozar delas.

O Concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez, resaltou a importancia das citas do Verán Cultural teñen no dinamismo de Salceda que, ademais, conta con citas xa asentadas e con anos de percorrido como o XXXI Festival de Bandas de Música en colaboración coa Banda Cultural de Salceda ou o «Vaia Cristo», coorganizado pola ACDE Treze Catorze.

Dúas semanas que culminarán coa fin de semana grande, na que as protagonistas da troula serán as verbenas e que contarán coas actuación musicais da fadista Erea Castro e o luns do Cristo coa Orquestra Tango.

Por outra banda, a alcaldesa Loli Castiñeira destacaba os actos que serven para homenaxear a diferentes persoas e colectivos de Salceda, como o estourazo ou o Acto Cívico dos/das Salcedenses Distinguidos/as, que se celebran o sábado e domingo das Festas do Cristo, respectivamente. Ambos estarán precedidos polo tradicional desfile da Agrupación Gaiteira de Salceda a partir das 20.00 no sábado do Cristo.

Dende o Concello de Salceda destacaban que o mes de xullo en Salceda é sen dúbida a época con maior dinamismo do ano, na que durante semanas toda a veciñanza pode gozar a diario das actividades culturais, ateigando os distintos espazos e lugares onde se desenvolve. Para iso é imprescindible a colaboración de toda a veciñanza, do voluntariado e do persoal municipal, para que as actividades sexan todo un éxito.

Programación Verán Cultural 2024:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS