domingo, septiembre 8, 2024
InicioConcellos +A CañizaO alcalde da Cañiza visita aos nenos e nenas do campamento de...

O alcalde da Cañiza visita aos nenos e nenas do campamento de verán municipal

O Alcalde visitou aos nenos e nenas desta primeira quenda que comezou o pasado 1 de xullo e se extenderá ata o luns 15, cun intenso programa de actividades, nas que o deporte e o entretemento van da man con roldas de gincanas, carreiras de saco, saltos, corda e moitos máis xogos para encher as xornadas que coma hoxe se presentan máis frías.

A semana pasada o bo tempo permitiu que os pequenos poideran realizar actividades acuáticas na piscina ao aire libre das Grades. Actividade que retomarán en canto aumenten as temperaturas.

Con todo, a axenda do campamento non para. Esta semana aproveitaron para realizar actividades recreativas no medio rural e fixeron unha primeira ruta de sendeirismo que se completará cunha 2ª andaina prevista para os últimos días desta quenda ata o parque das Augas Férreas. Zona na que desenvolveremos unha actividade agrícola, aprendendo a cultivar plantas.

Ademáis, hoxe os nenos comezaron unha manualidade textil con camisetas que rematará mañá, coa visita do deseñador Cristoval Vidal, acompañado de dous dos seus aprendizes, para ensinarlles a customizar prendas.

Tamén neste campamento se lle está dando unha relevancia especial ao medio ambiente, adicando unha parte da xornada á construcción de formas e obxectos con papel, cartón e materiais reciclados. 

Con base no pavillón de deportes da Cañiza, os 120 nenos e nenas inscritos nas dúas quendas poderán disfrutar dunha variada programación de cara a fomentar a práctica de actividades físicas, deportivas e recreativas no medio natural. Os participantes están atendidos en todo momento por 7 monitores contratados e outros 3 en prácticas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS